A candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, avoga por un novo modelo de atención cidadá do que se beneficiará toda a poboación do rural dentro da súa filosofía de achegar o Concello ás parroquias.
A popular defende un modelo de administración colaboradora co sector primario e, por iso, comprométese a dotar de puntos de atención cidadá personalizados ás 54 parroquias co obxectivo de axudar á veciñanza do rural a realizar tramitacións ou atender in situ as necesidades que teñan.
O abastecemento de auga potable e saneamento en todas as parroquias é un obxectivo prioritario.
Servizo provisional de limpeza de fosas sépticas mentres non se complete o saneamento.
Mellora da conectividade das parroquias para favorecer o asentamento da poboación.
Creación de dúas brigadas de persoal municipal para a limpeza e desbroce de vías e deseño dun plan de prevención de incendios coa creación de cortalumes e limpeza de pistas de terra.
Desenvolvemento dun servizo de taxi a demanda para completar a necesaria adaptación das liñas de transporte urbano.
Programa de posta en valor do patrimonio cultural, natural e histórico das parroquias, con actividades de ocio itinerantes como cabalgatas de reis.
Revisión do PXOM para axilizar a concesión de licenzas e facilitar o cambio de uso de construcións rurais sen actividade nas que impulsar proxectos empresariais.
Apoio á actividade do sector primario con estímulos económicos para incentivar as permutas e coa rebaixa de impostos (ICIO e IBI), ademais da mellora da recollida de plásticos agrícolas.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR