Instalar cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio para mellorar a seguridade e evitar atentados contra o patrimonio. Ademais, poñeranse en marcha as que hai xa no polígono do Ceao e estenderanse a outras zonas industriais do concello.
Aprobar unha ordenanza para frear a actividade dos gorrillas dotando así á Policía Local de ferramentas legais para evitar esa extorsión no aparcamento do Hula, onde tamén se colocarán cámaras de videovixilancia.
Apoiar a construción dunha nova Comisaría de Policía Nacional, preferentemente na contorna do barrio da Residencia.