Elena Candia ve clave sensibilizar á cidadanía na tenza responsable de mascotas para previr abandonos de animais
CONTROL COLONIAS FELINAS
• Elena Candia comprometeuse a incrementar a achega económica do convenio anual que o concello asina coa asociación MichosLugo para que poida seguir traballando na identificación de colonias e colocación de casetas de alimentación e estancia.
• A popular tamén comparte a necesidade de impulsar unha ordenanza para control de felinos lamentando que durante anos “o goberno local minimizase ou negase a existencia de colonias de gatos cun nulo control con respecto a fórmula CES de captura, esterilización e solta”.
• Outra cuestión que preocupa aos voluntarios e asociacións pro animais é que nos proxectos de peonalización non se contempla a existencia de colonias de felinos “e coa perda de zonas verdes quedan desprotexidos os gatos que viven na rúa sen dar unha solución a esta realidade”
PROTECTORA
• Elena Candia comprometeuse a explorar a mellor alternativa para a protectora de animais coa idea de corrixir de forma inmediata as condicións de hacinamento nas que viven os cans e a subsanar as deficiencias das instalacións.
• Os voluntarios que participaron no encontro salientaron “que se necesitan reparacións urxentes pero que non se acomenten coa disculpa de que agardan a que chegue a subvención, que pediu o goberno local hai un ano, para trasladarse a outras dependencias”.
• A popular deu as grazas a voluntarios e asociacións pro animais “por todo o traballo desenvolto no eido da sensibilización contra o maltrato” e explicou que “se é alcaldesa levará a cabo unha colaboración estreita e constante, dándolles participación nas mesas sectorias que se convoquen para elaborar ordenanzas contra o maltrato”
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR