28 de marzo de 2023

Elena Candia recolle as propostas dos que foron alcaldes e voceiros do PP das últimas catro décadas para incorporar ao seu programa.

Elena Candia mantivo un encontro con todos os alcaldes e voceiros que tivo ao longo da historia da democracia o Partido Popular no municipio de Lugo.

A candidata do PP compartiu con eles a necesidade de impulsar o campus de Lugo como un destino atractivo para estudiar; de levar a cabo actuacións que poñan en valor o ecosistema do Miño; de incentivar o uso de transporte público; a defensa dun consumo sostible; impulsar actuacións para mellorar a contorna da muralla así como mellorar infraestruturas que redunden nunha maior seguridade viaria.

Trala xuntanza de traballo presentaron un documento con 10 medidas que a candidata popular se compromete a incluir no seu proxecto de cidade.

  • Programa de aloxamento para estudantes que se matriculen no campus e construcción dunha Residencia Municipal para alumnos universitarios.
  • Habilitar una bolsa de becas para os mellores expedentes académicos universitarios e de FP superior.
  • Completar o cinto verde e unir os Paseos do Miño e do Rato que deixou feito, hai 25 anos, o Partido Popular así como poñer en valor todas as infraestruturas ligadas ao Miño.
  • Desdobramento da Nacional VI instando ao goberno central a que acometa esta obra no tramo que é da súa propiedade, dende Garabolos ata o cruce da estrada de Santiago.
  • Incentivar o uso do transporte púbico coa creación de bonos semanais, mensuais e anuais con viaxes ilimitadas.
  • Promover fórmulas que incentiven a rehabilitación no casco histórico e actualización do PEPRI aprobado no ano 1997.
  • Desenvolvemento das unidades de intervención que hai no recinto amurallado.
  • Impulsar accións para o embelecento na contorna da muralla tanto das fachadas da Ronda como das traseiras que se ven dende o adarve.
  • Posta en marcha dun equipo de asesoramento ao consumidor eficaz para mellorar a protección dos consumidores acerca de prezos, garantías de calidade e loita contra a fraude así coma análise de novas tendencias e hábitos de consumo.
  • Promover compras de productos de cercanía e calidade en establecemientos de proximidade así como a creación de circuítos para reducir o despilfarro alimentario e aumento da vida útil de diferentes produtos e roupa.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies