5 de maio de 2023

Elena Candia quere reforzar as relacións institucionais do Concello de Lugo coa AECC

A candidata popular ve necesario actualizar o convenio de colaboración concello coa AECC en Lugo xa que se trata dunha entidade que atende a centos de doentes e aos seus familiares, atención que ofrecen de forma totalmente gratuíta.


A candidata popular explica que algunha das ferramentas que se poden impulsar dende o Concello de Lugo é declarar ‘espazos sen fume’ lugares como zonas verdes, os entornos dos centros educativos ou as marquesiñas dos buses, un xeito de protexer a saúde a través da prevención.


Elena Candia ve fundamental que o concello, como administración máis próxima ao cidadán, se involucre na creación e promoción de campañas contra o tabaquismo para facer de Lugo un municipio máis limpo e sen fume.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies