29 de marzo de 2023

Elena Candia quere que Lugo sexa a primeira Cidade Creativa en Artes Dixitais de España

ESCENARIO DE OPORTUNIDADES

  • Para a candidata popular a industria cultural é un escenario de oportunidades poñendo en valor as infraestruturas culturais de que ten o Concello de Lugo “temos suficientes edificios para investigar e para acoller a obra dos creadores locais e foráneos así como para espallar as súas creacións”.
  • Elena Candia manifestou que “en Lugo, tanto no aspecto creativo como no de infraestruturas, existe un gran potencial” polo que “a acción institucional debe encamiñarse cara a súa promoción”.
  • Para a popular é clave, neste contexto, unha coordinación exquisita e avanza cal será a estrutura que quere pór en marcha se chega á alcaldía. “Este organigrama forma parte dunha estratexia global de traballo que se impulsará de forma paralela á adhesión de Lugo á Rede de Cidades creativas na categoría de Artes dixitais”.

 

ACTO CULTURAL

  • Este xoves a candidata invita a colectivos e particulares “interesados en converter a Lugo nun motor cultural de primeira” a participar nunha mesa de traballo onde representantes da Universidade, Escola de Arte Ramón Falcón e xestores culturais analizarán como se pode deseñar unha cidade creativa”
  • O encontro terá lugar ás oito da tarde na casa do Saber, no Vicerectorado, onde tamén se contará coa presenza de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística

 

UN LUGO MOTOR CULTURAL DE PRIMEIRA

  1. Museo Interactivo da Historia de Lugo. Cidade Creativa/Media Arts
  • Laboratorio de dixitalización do pasado romano
  • Residencias de innovación
  • Laboratorio experimental
  • Exposicións de vangarda

 

  1. Vello Cárcere
  • Centro Sociocultural
  • Expresións artísticas innovadoras que confronten o pasado e o futuro

 

  1. Fogar de Santa María
  • Exposicións tradicionais/Dixitais vinculadas aos oficios artísticos
  • Museo da vestimenta tradicional
  • Museo da música
  • Arquivo histórico da palabra

 

  1. Auditorio de Magoi
  • Música
  • Teatro
  • Danza

 

  1. Museo Universitario do Mitreo. Cidade Creativa
  • Robótica
  • Campus

 

  1. Museos Municipais (Centro Arqueolóxico de San Roque, Centro Interpretación da Muralla, Casa dos Mosaicos, Sala de exposicións Porta Miñá). Cidade Creativa
  • Laboratorios dixitalización do pasado Romano
  • Exposicións dixitais e tradicionais

 

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies