Elena Candia propón unha asistencia integral para os maiores e servizos de conciliación para que os coidadores teñan un respiro máis que merecido
Elena Candia quere que Lugo sexa unha cidade pensada para pasar a última etapa da vida polo que “cómpre reforzar o servizo de axuda no fogar (SAF) con novos perfís(podoloxía, psicoloxía…) e eliminar as listas de agarda.
A popular tamén ve necesario un apoio a esa soidade non desexada, que pode ser puntual pero que cando a dependencia avance, se o necesita, darlle unha unha asistencia integral, apostando por fórmulas innovadoras como o ‘cohousing’ no rural ou no casco histórico e apostando por centros de respiro como o que se construirá en Calde da man da asociación de familiares de enfermos de alzhéimer (AFALU).
A candidata do PP apuntaba que o seu compromiso coas persoas maiores vai encamiñado “a prestar un servizo integral en todas as fases en función do que vaian necesitando cada persoa maior”.
Maiores apoderados e activos
Tal como sinalou a candidata popular, “estas medidas reflicten un compromiso evidente coas nosas persoas maiores, que son un colectivo estratéxico que merece máis protagonismo e participación en toda a vida municipal. Baixo esta óptica, o programa de Elena Candia inclúe tamén outros compromisos para este colectivo:
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR