16 de maio de 2023

Elena Candia propón que o edificio da Vicerreitoría acolla o Consorcio de Dinamización do casco histórico

Parte da solución para o problema demográfico

  • A aspirante popular á alcaldía de Lugo incidiu en que “o Concello debe reforzar os seus vínculos coa USC, xa que a especialización do Campus Terra representa unha oportunidade única en termos económicos, sociais, culturais e, por suposto, de consolidación de poboación para darlle resposta ao reto demográfico”. Nesta liña, Elena Candia comprometeuse a impulsar medidas “antes, durante e despois” da experiencia do alumnado universitario en Lugo co gallo de fomentar que “cada vez máis xente moza se achegue a estudar aquí para que, unha vez rematada a súa formación, quede no noso municipio”.

 

  1. Antes da chegada a Lugo

 

  • Deseño dunha marca sólida como cidade universitaria para reforzar a captación de alumnado de grao, máster e doutoramento.
  • Creación dunha liña de axudas de aluguer específica para alumnado universitario para facer de Lugo unha cidade máis atractiva.
  • Construción dunha nova residencia universitaria para ampliar o número de prazas hoxe dispoñibles.
  • Reivindicación dunhas mellores infraestruturas.

 

    2. Durante os estudos en Lugo

  • Sinatura de convenios co Campus Terra para a contratación de asistencias técnicas en ámbitos que agora o Concello está a externalizar fóra do municipio para ter a colaboración do profesorado, os equipos de investigación e o alumnado.
  • Mellora nas conexións de transporte público co Campus.

 

    3. Ao rematar a formación

  • Creación dunha bolsa de axudas para a contratación de alumnado egresado por empresas e persoas autónomas que teñan a súa sede no Concello de Lugo para, deste xeito, reforzar tamén a transferencia do coñecemento acumulado na Universidade á sociedade luguesa.
  • Apoio no emprendemento grazas á posta a disposición de novos espazos para alumnado egresado da USC nos viveiros de empresas.
  • Activación de bolsas de prácticas remuneradas co Concello de Lugo para favorecer un primeiro contacto do alumnado de diversas titulacións coa realidade profesional.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies