28 de decembro de 2022

Elena Candia presenta Lugo, o primeiro “un slogan para hoxe e unha filosofía de goberno para mañá”

A candidata popular á alcaldía de Lugo, Elena Candia, presentou hoxe en rolda de prensa Lugo, o primeiro o slogan que empregará ata as eleccións do vindeiro 28 de maio de 2023 e que se converterá tamén na súa filosofía de goberno.

Tal como detallou Elena Candia na súa comparencencia ante os medios de comunicación, este lema recolle “a filosofía” que moveu a súa acción dende que foi proclamada candidata, como reflicte o feito de “empaparse das ideas e das propostas das persoas veciñas de Lugo antes de trasladar os compromisos que incluirá o meu contrato coa cidadanía”.

Lugo, o primeiro reflexa a idea de que Lugo exerza o liderado que lle corresponde ata consolidarse como “motor indiscutible da provincia”. Ademais, tamén reflicte un dobre compromiso: por unha parte, o de “apoiar ao talento lucense e, por outro lado, darlle prioridade aos provedores lugueses na nosa campaña, un selo que queremos levar tamén ao goberno”.

Elena Candia tamén quixo deixar claro que Lugo, o primeiro remarca a idea de que temos un municipio con identidade propia “que non quere copiar nin a Vancouver, nin a Pontevedra”. A candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo destacou os 3 Patrimonios da Humanidade que temos “nos que hai que crer, e hai que promocionar”.

A popular destacou que “para ser os primeiros hai que planificar, estar sempre activos e en movemento”. A cidadanía está cansa de que pasen os anos e o goberno de Lugo siga sen resolver problemas que xa tiñan dende a era das pesetas”. A candidata do PP referíase ao “caos de tráfico, a imposibilidade de aparcar, as trabas burocráticas para facer trámites no concello, a parálise á hora de tramitar unha licenza …”.

“Finalmente Lugo, o primeiro reflexa, na miña escala de prioridades, un compromiso persoal no que decido poñer a disposición a miña experiencia, formación para contribuír á mellora dunha cidade con enormes posibilidades” concluía Elena Candia.

 
Balance do 2022.


Durante a súa comparecencia, a popular aproveitou para facer balance do ano que remata este sábado, e que definiu como “tan intenso como produtivo”. Así, explicou que nos últimos meses conxugouse “a activación do músculo do partido, que é o noso principal activo” coa presenza en barrios (A Milagrosa, A Residencia, As Fontiñas ou Augas Férreas) reunións sectoriais e todo tipo de accións de diálogo coa sociedade do municipio desenvolvendo un traballo de escoita activa permanente”.

Elena Candia tamén salientou que rematará o ano “cumprindo o obxectivo de presenza nas 54 parroquias “con encontros abertos á cidadanía ou noutro tipo de formatos como visitas individuais ou casa a casa”

Paula Prado: “É a alcaldesa que necesita esta cidade”
Durante a súa comparecencia, estivo acompañada pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que cualificou de “sobresaínte” o traballo da candidata no último trimestre, “polo seu traballo constante e diario na cidade, ao nivel da alcaldesa que vai ser; e polo preto que estivo dos veciños, percorrendo 54 parroquias. “Sobresaínte, e non matrícula de honra, para pedirlle que siga facendo o mesmo labor ata o 28 de maio e despois desa data”, dixo.

Prado considera que fronte ao bipartito, Lugo conta cunha opción “inmellorable”: Elena Candia e o seu equipo. Ao fío do novo slogan, sinalou que “se hai unha persoa que pon a Lugo no primeiro lugar das súas prioridades, esa é ela”, polo que lle pediu aos veciños que confíen nela para dicir “Elena Candia, a primeira; a primeira alcaldesa do Partido Popular”.

“Elena Candia é a alcaldesa que necesita esta cidade, e xa o está a demostrar”, concluíu, engadindo que os Lugo ten ante si “unha oportunidade de facer que o 2023 sexa recordado como o ano no que unha onda de estabilidade inundou a política municipal”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies