25 de abril de 2023

Elena Candia plantexa unha plataforma loxística de carga e descarga no entorno do casco histórico para a distribución

REVISIÓN DOS ESPACIOS DE CARGA E DESCARGA

Elena Candia comprometeuse a revisar e impulsar novas zonas de carga e descarga, a posible ampliación de horarios en función da zona da que se trate e da súa actividade, para poder realizar unha distribución das mercancías máis eficiente e minimizando as molestias a peóns e residentes.

Elena Candia considera que o Concello de Lugo debe ser unha administración colaboradora con todos os sectores e, neste caso, ve posible que se axude dende a administración local na formación dos traballadores e na organización e desenvolvemento de cursos de manexo de carretillas eléctricas e unha liña de axudas para a compra deste tipo de vehículos

A candidata popular quere apoiar e manter un contacto periódico cos empresarios da distribución dende o Concello de Lugo colaborando en eventos ou feiras organizados polo sector e que teñan como fin poñer en valor ás empresas e os produtos locais

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies