22 de outubro de 2022
Elena Candia na presentación dos candidatos de PPdeG nas sete cidades: “Lugo precisa unha xestión responsable, dóenme os derroches do bigoberno”

TRABALLO CONSTANTE

A alcaldable ofreceu “un traballo constante” para conseguir a maioría necesaria para que o PP goberne en Lugo “porque o PP de Lugo meréceo e os cidadáns necesítano”.

Elena Candia ratificou en Santiago o compromiso “que todos e cada un de nós fixemos público en xullo, o compromiso de traballar por unha cidade mellor, no meu caso un Lugo mellor”. “Veño con humildade, ganas , fortaleza e perserverancia” puntualizaba.

 

Candia tamén destacou que “hai que traballar con moita entrega, con moita cercanía. Nos sete meses que quedan ata as eleccións municipais intentarán maquillar e enganar á veciñanza do que non foron capaces de facer en 24 anos: non o van conseguir”.


A popular sinalou que “é consciente dos momentos de dificultade que están a vivir os nosos negocios e as nosas empresas, nunhas incertezas económicas e cunhas consecuencias dunhas políticas enerxéticas que levan a ser unha auténtica odisea para facer fronte aos gastos de produción de bens e servizos”. Ademais asegurou que se precisa un cambio nacional “que ben seguro virá da man de Feijóo e que mentres non suceda, a prudencia, a humildade marcada por este realismo debe inspirar todas e cada unha das nosas accións”.

LUGO NECESITA UN CAMBIO

Para Candia “a Administración local ten que ser axente colaborador para atraer investimentos. As persoas son e serán, no meu proxecto de cidade, o centro das nosas preocupacións”.

A alcaldable do PP enfatizou que “aos políticos págannos para resolver problemas, para chegar a acordos e facerlle a vida máis doada á veciñanza. Non podemos consentir a confrontación constante con outras administracións e deixarse de inventar inimigos. Esas actitudes non axudan ao desenvolvemento”.

Elena Candia rematou a súa intervención cun guiño ao Camiño “estamos en Santiago, fin dos camiños, porque sabemos que con esforzo o Camiño sempre ten recompensa. Os nosos logros serán o mellor apoio para as vindeiras autonómicas, que nos levarán a unha nova maioría absoluta para o Presidente Rueda.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies