Elena Candia presenta Lugo, o primeiro “un slogan para hoxe e unha filosofía de goberno para mañá”
A candidata do PP anima á cidadanía de Lugo a participar, de forma activa, na elaboración do proxecto que quere para o concello e a súa veciñanza.
Nesta etapa que, Elena Candia, definiu de “ilusionante, propositiva e aberta a toda a cidadanía” vai cobrar protagonismo a opinión da veciñanza. “A miña forma de entender a política é aplicar o sentido común e estar aberta aos bos consellos que me dá a veciñanza” aclaraba.
No impreso, a modo de carta de presentación, a alcaldable destaca que “os concellos son as administracións máis cercanas ás persoas, por iso a miña paixón é a política local”. A alcaldable comprométese “a escoitar e a traballar para mellorar Lugo” engadindo que “Lugo pide un cambio que quere guiar como alcaldesa”.
Invitación a participar
A folla informativa da alcaldable do PP inclúe un formulario no que “dá a opción de trasladar en directo as achegas aínda que tamén se pode levar para casa e enviar, a posteriori, as ideas ou suxestións persoais por diferentes canles dixitais e redes sociais da candidata”.
Os repartos na rúa deste impreso de #ObxectivoLugo de Elena Candia comezarán o vindeiro mes de outubro “o reto da alcaldable é percorrer, antes de Nadal, as máis de 600 rúas así como as 54 parroquias do municipio”.
Con respecto ás imaxes da candidata que se utilizan no impreso “búscase poñer o acento no valioso patrimonio cultural, histórico e natural que ten Lugo”. Na portada a fotografía está tomada na contorna da Ponte Romana por onde cruza o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio Mundial, e por onde transcorre o Rio Miño. A imaxe que se seleccionou para acompañar ao formulario está tomada no Centro de Interpretación da Muralla da Praza do Campo. Nela a alcaldable do PP sitúase no centro da silueta da Muralla Romana “o monumento que está presente na vida de todos os lucenses e do que nos sentimos orgullosos”.
Visita Cogami
A alcaldable tamén supervisou o traballo de impresión desta carta de presentación e coñeceu as instalacións da imprenta que se encargou da súa produción. O xerente de Grafinco Alejandro Rouco, a vicepresidenta de Cogami Mónica Álvarez e o Consejero Delegado del Grupo Empresarial Galega de Economía Social, Víctor Silva acompañaron á alcaldable nesta visita a Grafinco, pertencente á Confederación Galega de persoas con Discapacidade.
A continuación Elena Candia visitou o Centro de día de Cogami guiada por Juan Antonio Gude (Coordinador do Centro) e mantivo unha xuntanza de traballo co Presidente de Cogami Anxo Queiruga, e José Luis Lolo Presidente de Cogami Lugo. Ao remate da visita a alcaldable do PP comprometeuse a que cando chegue á alcaldía “buscará fórmulas para mellorar as condicións de empregabilidade dos traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral”.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR