Elena Candia incorpora ao seu equipo a Ramón Cabarcos, Manuel Cortón e Miguel Couto
CONCELLO, ADMINISTRACIÓN ÁXIL E COLABORADORA
• “Confío no traballo en equipo e na necesidade de contar cos mellores”: así se refería aos tres profesionais que vén de incorporar ao seu proxecto, dos que destacou que “son expertos formados e con experiencia, teñen altura de miras e priorizan Lugo ante calquera outra cousa”
• Elena Candia explicou que “un dos principais problemas da cidade é a falta de dilixencia na tramitación de licenzas” engadindo que “esta parálise frea o desenvolvemento do municipio, provoca fuga de empresas a outros municipios onde se lles dan facilidades para implantarse e paraliza en torno a uns 64M€”, cifra correspondente ao investimento de proxectos bloqueados”.
• A popular matizou que “unha vez diagnosticado o problema, a mellor fórmula para conseguir que Lugo cambie, mellore e sexa unha cidade dinámica e amable para investir é contar cunha estrutra experimentada para reverter a situación actual”.
• O Concello ten que ser unha administración colaboradora e áxil, que xere seguridade xurídica para atraer investimentos, comprometendo que, se chega á alcaldía, haberá equipos independentes de perfís profesionais formados e con experiencia xa que a idea é estar en contacto permanente coa sociedade.
• Elena Candia tamén se referiu aos traballadores municipais indicando que “contará con todos os funcionarios, nos que creo e defendo” á vez que matizaba que “deben estar ben dimensionados e motivados baixo unha dirección política clara que non os poña como escudo cada vez que hai un problema”.
• A popular agradeceu ao equipo de apoio de urbanismo “o paso que dan por achegar todo o seu coñecemento a favor dun Lugo que todos queremos que cambie, mellore, sexa dinámico e un lugar amable para investir”.
PERFÍS DO EQUIPO DE EXPERTOS
Miguel Couto Alonso.
Enxeñeiro industrial, técnico superior en prevención de riscos e ten un Master en Dirección e Administración de Empresas.
Durante 2 anos (xullo 2019 a marzo 2021) foi concelleiro de Urbanismo Sostible en Lugo e marcaba as directrices políticas e de xestión desta área.
Na súa traxectoria profisional ocupou cargos de responsabilidade nunha mutua, primeiro, como Director da Delegación de Lugo e, na actualidade, como Asesor técnico de Absentismo e Siniestralidade para o Territorio Norte. Tamén ten experiencia coma docente en materias relacionadas coa prevención de riscos laborais e seguridade e saúde.
Manuel Cortón Muinelo.
Centra a súa actividade profesional no urbanismo e a arquitectura. Inicia o seu exercicio profesional en Lugo no ano 1988 realizando traballos para diferentes administracións públicas e particulares.
Ten unha ampla experiencia nas xestións de ámbito municipal xa que foi Arquitecto en varios concellos galegos destacando o de Lugo no que exerceu durante 16 anos en dúas etapas diferentes.
Na súa dilatada traxectoria profesional abarca diversos campos: de consultoría e asistencia técnica en materia de urbanismo, de ordenación do territorio; de plans municipais ademais de proxectar infraestructuras urbanas, obras de edificación, Estudos de Detalle e Plans Especiais de Reforma Interior.
Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez director da EASD Ramón Falcón.
Este arquitecto colexiado e Postgrao en Xestión Urbanística pola Universidade da Coruña tamén ten a Cátedra de Ensinanzas artísticas ademais de Máster en Xestión Cultural e Doutor en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela e a Haute-Bretagne de Francia xunto cun postgrao en Calidade e Máster en Dirección de centros educativos pola Universidade San Jorge. É autor, entre outras publicacións, dunha relativa ao desenvolvemento urbanístico da cidade de Lugo.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR