Elena Candia impulsará un programa de lectura sinxela para facilitar a comprensión dos trámites habituais que se fan no concello
A popular tamén avanzou a necesidade de simplificar a linguaxe burocrática cun programa de lectura sinxela que facilite a comprensión dos trámites máis habituais tal e como reclamou a asociación de Down que reclama “un plan urxente de accesibilidade que facilite o acceso á información”.
Candia explicou que no seu proxecto de cidade propón crear un selo de responsabilidade social para iniciativas locais que promovan a inclusión profesional de persoas con discapacidade e, así, mellorar a inserción deste colectivo no mercado de traballo.
Tamén se compromete a favorecer a contratación das persoas con discapacidade intelectual nas empresas subcontratadas que traballen co Concello de Lugo.
Por último explicou que “promoveremos rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social, que teñen unha gran profesionalidade e que atesouran unha traxectoria admirable, polo que deben ser parte do futuro da cidade accesible e inclusiva á que aspiramos.
Para rematar a visita a popular coñeceu a vivenda que ten a Asociación para acoller estancias temporais de persoas con síndrome de Down coa idea de desenvolver de forma autónoma todas as tarefas e actividades da vida diaria potenciando a súa autonomía persoal, social e doméstica.
Entre as peticións dos usuarios desta entidade citaron “a organización de máis actividades culturais, que se den a coñecer con suficiente antelación e que as entradas a eventos se poidan comprar fisicamente e non só a través de internet”.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR