05 de abril de 2023

Elena Candia deu a benvida aos novos militantes do Partido nun acto simbólico na sede.

A alcaldable do PP explicou que o feito de que sigamos medrando como partido é un indicativo positivo xa que “os que se incorporan e dan este paso é porque queren un Lugo mellor” engadindo que “pola nosa banda, poremos no centro do noso traballo as súas preocupacións, porque Lugo é o primeiro”.


Elena Candia explicou que “afiliarse é o máximo grao de responsabilidade que ten unha persoa con respecto ao partido” e dixo que valoraba “de forma moi positiva o interese que demostran nun reto tan importante como o que temos entre mans que é chegar á alcaldía de Lugo”.


A candidata do PP agradeceu o compromiso dos novos militantes manifestando que “o Partido Popular non existiría sen os afiliados de base, persoas que fan de correa de transmisión das nosas mensaxes e que defenden na rúa as nosas ideas”.

A alcaldable do PP animou aos que se veñen de sumar ao PP, e tamén aos que levan toda a vida no partido a que participen en todos os actos que se convoquen e que tamén fagan as súas achegas para mellorar o proxecto de cidade que a candidata quere levar a cabo se é alcaldesa o vindeiro 28 de maio.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies