Elena Candia comprométese coa plataforma de organizacións da infancia a impulsar un Plan Municipal de Saúde Mental
• A candidata do PP considera “necesario” impulsar un plan municipal de saúde mental e comprométese a dotalo de recursos; planificar accións de prevención, divulgativas e didácticas dirixidas aos adolescentes para desterrar estigmas e para naturalizar recorrer aos profesionais da saúde mental”.
• A popular explica que reservará unha dotación orzamentaria suficente para actuacións que melloren o benestar da infancia e a mocidade e que reforzará o traballo de colaboración co tecido asociativo apuntando que tamén estudará a creación dun equipo de atención ás vítimas de acoso escolar.
• Elena Candia explicou que quere un Lugo no que “as persoas sexan a prioridade” salientando que “para esta franxa de idade resulta insuficiente cinguirse a presentar unha batería de alternativas de ocio saudable: temos que dar un paso máis e poñer en marcha proxectos que coiden dos nosos nenos e nenas”.
UNIDADES DE ATENCIÓN TEMPERÁ E POSTEMPERÁ
• Candia tamén reiterou que creará, co apoio da Xunta, unidades municipais de atención temperá e post temperá destacando“a importancia da detección precoz das persoas con problemas de desenvolvemento”.
• A popular reivindicou “a necesidade de ofrecer terapias e rehabilitación aos nenos e as súas familias nas diferentes etapas da súa vida”.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR