12 de abril de 2023

Elena Candia: “como en todo aquilo que sexa positivo para Lugo, e a aprobación do 5% do PXOM o é, Lara Méndez contará co noso apoio”.

A popular espera que , polo ben da cidadanía, este anuncio se materialice o máis pronto posible xa que, durante anos, pola falta de traballo e a política de confrontación dunha parte do goberno, e polo negacionismo da outra pata do bipartito, se frearon moitos proxectos de vida nos núcleos da zona rural afectados polo 5% pendente de aprobación.


“Levamos moitos meses perdidos” en alusión a que dende o Grupo Municipal do PP reclamaron, en reiteradas ocasións, que se axilizase este trámite logo de que en setembro a Xunta emitise o informe pertinente. “É unha mágoa que esperen para sacar un titular o máis pegado posible ás eleccións municipais” matizando que “non lles interesan os problemas da veciñanza senón sacar un rétito político dunha situación cuxo desbloqueo estaba nas súas mans”.


Por último a popular manifestou que el Partido Popular “si está a documentación correcta aprobará este documento por responsabilidade e coherencia”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies