Elena Candia afirma que “a industria cultural é un escenario de oportunidades e un motor do emprego local”.
• O proxecto da Rede de Cidades Creativas ten como obxectivo “posicionarnos como un lugar único colocando a nosa cultura e a creatividade como un elemento diferencial estimulando a desestacionalización do turismo”.
• A proposta da candidata popular é deseñar unha política cultural artellada en torno a catro puntos chave que son “a calidade, excelencia, diversificación e capacidade de proxeción”
• “Queremos fuxir dos sectarismos e integrar o talento das persoas de Lugo coa chegada de propostas nacionais e internacionais coas que encher de vida as fins de semana de todo o ano”.
• Este recoñecemento, por parte da Unesco, se uniría á distinción dos 3 Patrimonios da Humanidade que temos en Lugo o que nos permitiría crear unha marca de cidade propia como destino cultural e turístico
• Elena Candia aporta por potenciar o talento local co aproveitamento dos espazos culturais que existen cunha planificación en rede “haberá espazo para a investigación, para potenciar o talento musical
• Durante a súa intervención aplaudiu ao tecido asociativo non só pola función de dinamizaciónsenon tamén pola súa contribución ao benestar das persoas por ofrecer un espazo de participación activa, tamén puso en valor o traballo de moitas entidades que traballan en prol da cultura
PONENTES
• A xefa executiva de Nomenklaturas Xestión Cultural centrou a súa intervención en varios eixos nos que destacou a necesidade de colocar a creatividade no centro do desenvolvemento local. María Valcarce indicou que a interación entre as artes e a tecnonloxía. Tamén aludiu á necesidade de levar a cabo estratexias de cooperación e internacionalización de artistas e proxectos.
• O decano de humanidades falou da importancia desta iniciativa no que a industria cultural se converte nun espazo de oportunidades. Gonzalo Francisco Fernández Suárez destacou o talento da mocidade que se forma no grao de Xestión Cultural que se cursa na Facultade de Humanidades, único no sistema universitario galego. E aludiu ao papel central dos xestores culturais neste proceso ao tratarse de profesionais polivalentes.
• O director da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón explicou que este centro “é un dos máis salientados lugares de creación artística e cultural da cidade, onde a formación corre parella a potenciación de iniciativas que rematan converténdose en emprendemento e industria creativa exportable a outros sectores e emprazamentos”. Ramón Cabarcos indicou que “a contorna analóxica está a dar o relevo, sen facela desaparecer, a contorna dixital, onde as artes visuais son a mesa de traballo dos novos intereses, capacidades e propostas”.
• Pola súa banda o Secretario Xeral de Política lingüísitica centrou a súa intervención nas grandes potencialidades de Lugo como referente da cultura galega e a necesidade de posicionar a cidade e a súa área metropolitana como capitalidade cultural do noroeste peninsular. Tradición, ideas innovadoras e fortaleza na xestión diaria teñen que complementarse á hora de ter un diálogo permanente co tecido sociocultural da cidade e coas distintas institucións que deben ter en Lugo unha referencia e unha plataforma para planificar e proxectar as súas iniciativas.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR