1 de maio de 2023

Elena Candia: “a peza clave para o bo funcionamento do Concello é ter un persoal motivado e involucrado no proxecto de cidade”

RESPECTAR OS AVANCES CONSEGUIDOS

A alcaldable indicou que “haberá unha maior dilixencia nos pagos de horas extras por servizos prestados a todos os traballadores de todos os servizos municipais” poñendo como exemplo de falta de xestión “os 8 meses que acumulan de retrasos por reforzos os axentes da policía local ou os 2 anos con respecto os abonos de certas retribucions, coma productividades ou os gastos que lles supoñen ir á formación da Academia Galega de Seguridade.

Elena Candia avanza que ademais de respectar todos os avances conseguidos “reforzará a plantilla da policía local para os novos servizos, co obxectivo de contar con suficientes axentes para a nova delegación da polícía local na zona norte e no casco histórico, así como para atender as necesidades actuais de ordenación policial da cidade e das distintas actividades e eventos que se desenvolven en Lugo”.

 CONCELLO CERCANO

A popular concluiu que para o bo funcionamento do Concello hai que “contar cunha plantilla ben dimensionada e motivada e establecer responsabilidades claras e definidas que xeneren un entorno laboral eficaz e eficiente”.

Todas estas medidas son prioritarias para achegar a administración á veciñanza e poñer en marcha accións incluídas na liña de traballo do Concello cercano entre as que destaca “a eliminación da cita previa cunha atención telefónica e presencia mellorada así como a redución dos prazos de tramitación.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies