CONCILIACIÓN

Elena Candia propón crear axudas para menores deportistas e alumnado de estudos musicais “que beneficiarán a todas as familias luguesas e ao comercio local”
“Impulsar novas medidas de conciliación é imprescindible para afrontar o reto demográfico”, sinala Candia
A candidata do PP, Elena Candia, ve na mellora da conciliación “o piar básico para darlle resposta ao problema demográfico, o principal reto do Concello”. Para captar e reter a todas as persoas que queiran construír o seu futuro en Lugo, a popular comprométese a crear unha liña de axudas directas á natalidade e tamén subvencións de 200 euros para deportistas de entre 6 e 18 anos que practiquen unha disciplina federada e outras dese mesmo importe para alumnado de ensinanzas musicais. As primeiras destinaríanse á compra de equipamento deportivo e as segundas para a adquisición de instrumentos, de maneira que “o Concello apoiaría de xeito directo tanto ás familias luguesas como ao comercio local”.
Ademais de incrementar a partida destinada á compra de libros de texto e material escolar, Elena Candia propón construír máis infraestruturas deportivas e tamén dotar de máis escolas infantís, ludotecas e ociotecas aos dous polígonos industriais e aos barrios.

Conciliación e corresponsabilidade para a igualdade real

Elena Candia explica que “a conciliación debe reflectirse en accións concretas coma a eliminación da lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar”, xa que “na defensa da igualdade non caben medias tintas”. Paralelamente, a candidata popular avanza máis propostas nesta área:

A realización dunha auditoría dos recursos municipais en materia de conciliación para avaliar a conveniencia de aumentar os espazos de lactancia ou de abrir algún edificio municipal máis en días non lectivos, entre outras medidas.

O impulso de campañas divulgativas en materia de corresponsabilidade co foco posto tanto nas persoas luguesas como nas empresas, que teñen un papel primordial.

A protección ás vítimas da violencia de xénero coa mellora da xestión dos pisos de acollidamunicipais e da Casa da Muller cunha maior cobertura presencial e telefónica. O Concello adherirase ao sistema VioGen (Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero), así como á Rede de Municipios Galegos contra esta lacra.

O impulso dun plan de apoio á diversidade que contribúa a darlles visibilidade a novas realidades sociais ao tempo que se combaten estereotipos vencellados ao colectivo LGTBI.

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies