A potenciación do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio, de xeito que se aproveite a oportunidade que supón a distancia mínima de 100 quilómetros para obter a ‘Compostela’.
O reforzo e apoio intenso a citas xa consolidadas, coma a Semana do Cine, a do Jazz ou a da Maxia, ao tempo que se potencian eventos específicos no eido da danza, das agrupacións corais ou da música tradicional, entre outros.
A optimización das infraestruturas e dotacións, comezando pola apertura inmediata do auditorio de Magoi, construído pola Xunta de Galicia cun investimento de preto de 25 millóns de euros e que leva xa tres anos pechado sen que o Concello sexa quen de poñelo en funcionamento, e pola creación dun Museo da Vestimenta.