11 de abril de 2023

Candia ve no turismo rural sostible unha alternativa para gozar da natureza e da cultura de Lugo.

A candidata do PP visitou unha das últimas vivendas de turismo rural que se abriu nesta Semana Santa. Para Elena Candia iniciativas deste tipo son as que permiten que o turista coñeza outros aspectos diferentes do municipio de Lugo, alongando a súa estadía no municipio xa que “ademais dos 3 patrimonios da humanidade dos que os visitantes poden gozar na capitalidade tamén contamos con 54 parroquias cun patrimonio natural, cultural e gastronómico importantísimo”
Nese senso, a popular explicou que para reforzar o atractivo turístico do rural de Lugo “é preciso mellorar a sinalización física e a edición en google maps das localizacións, así como a conectividade e a formación dos emprendedores”
Tamén subliñou que se chega á alcaldía porá en valor “o patrimonio cultural, natural e histórico das 54 parroquias cunha programación de actividades de ocio itinerantes”

 

REVITALIZAR A ZONA RURAL


A popular manifestou que se é alcaldesa apoiará aos negocios vinculados ao Camiño Primitivo ante el boom de peregrinos que utilizan esta ruta xacobea que atravesa 8 parroquias do municipio (Gondar, Bascuas, Carballido, Mazoi, San Juan del Campo, O Burgo, Bacurín e Poutomillos).
Para a popular esta modalidade de turismo rural ademáis de contribuir á conservación do patrimonio cultural, natural e gastronómico supón unha ferramenta importante para contrarrestar o despoboamento dos entornos rurais xa que “se revitalizan as aldeas e se fomenta o emprego local”
A alcaldable do PP manifestou que “temos a responsabilidade de coidar o turismo rural e promocionar estes destinos de calidade onde se ofrecen produtos locais e servizos que son respetuosos co entorno á vez que se preserva a identidade local”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies