Candia reivindica unha programación cultural de calidade, desestacionalizada e con actividades todas as fins de semana e festivos nos barrios
Elena Candia aproveitou a celebración das letras galegas para reivindicar o deseño dende o Concello de Lugo dunha programación cultural de calidade que concilie o necesario impulso aos e ás artistas locais de distintas disciplinas con propostas internacionais que permitan encher de vida as fins de semana de todo o ano (especialmente os festivos e domingos) en todos os barrios como o de Augas Férreas.
A popular tamén aproveitou esta xornada para visitar o edificio da tinería onde se é elixida alcaldesa habilitará o Museo da Vestimenta co obxecto de dar a coñecer a riqueza etnográfica dos tradicionais traxes galegos
Esta nova infraestrutura formará parte das diferentes dotacións municipais do Concello “desenvolveremos unha estratexia global e de traballo en rede que nos permitirá dotar de contido específico a cada un dos edificios culturais que temos abertos e que hoxe carecen de contido”
A popular tamén reinvindicou a inmediata apertura do novo auditorio de Magoi construído pola Xunta de Galicia e que o Concello non foi quen de poñer en marcha pese a que ten as chaves do edificio dende hai 3 anos.
CINE, MÁXIA E MÚSICA
Reforzaremos o apoio a citas culturais xa consolidadas, coma a Semana do Cine, a do Jazz ou a da Maxia, do teatro clásico así como tamén aos festivais do Caudal Fest ou o Arde Lucus (do cal propoñemos ampliar un día a súa celebración). Ademais, potenciaremos eventos específicos no eido da danza, das agrupacións corais ou da música tradicional.
Recuperaremos a emblemática Banda Municipal de Música, que hoxe só conta cunha quincena de integrantes, para volver darlle o protagonismo que merece.
CAMIÑO PRIMITIVO
A popular tamén estivo á tarde nun reparto por Avenida de Fontiñas unha rúa que é a entrada do Camiño Primitivo a Lugo asegurando que se é alcaldesa traballará para potenciar o Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio subliñando que “aproveitaremos a oportunidade que supón que quen inicia o seu Camiño no Concello de Lugo poida completar a distancia mínima de 100 quilómetros que lle permitirá obter a Compostela”
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR