Candia reivindica o “papel estratéxico” da mocidade na construción do presente e do futuro de Lugo
• A candidata do PP subliñou que “tan importante como captar poboación moza que veña estudar en Lugo e decida logo quedarse aquí é reter á xente nova que xa vive aquí e incluso conseguir que volvan todas aquelas persoas que tiveron que marchar á procura das oportunidades laborais que non atopaban no seu espazo máis inmediato”.
• Para este último bloque de mozos e mozas, Elena Candia comprometeuse a impulsar o plan Retorna Lugo, que inclúe unha mellora da conectividade para o fomento do teletraballo dende o noso Concello e un estímulo ao regreso de persoas novas.
• Ademais, o seu proxecto de municipio tamén inclúe:
– A construción de vivenda pública en solo municipal para que a mocidade poida emanciparse e quedarse a vivir en Lugo.
– Un Plan Local de Saúde Mental pioneiro con unidades de prevención do acoso escolar, do suicidio e dos trastornos alimenticios.
– A unión do Paseo do Miño e o do Rato para completar o cinto verde, así como a creación de zonas de baño públicas no río Miño.
– Un Polo de Emprendemento na actual estación de autobuses
– Protagonismo para a mocidade no programa de acompañamento Inviste Lugo, así como no Plan de Dinamización para o municipio.
– Plans específicos de intervención conxunta en zonas de lecer nocturno para gozar da noite con máis seguridade.
– Reforzo do Arde Lucus, Caudal Fest e San Froilán con actuacións de renome e ampliando a duración nun día para a primeira delas.
– Intensificar a colaboración co Campus Terra (nova residencia universitaria, bolsas de prácticas remuneradas co Concello, etc.).
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR