14 de marzo de 2023

Candia: “Quero un Lugo economicamente dinámico que sexa o motor da provincia para crear emprego, fixar poboación e reter talento”

ADMINISTRACIÓN COLABORADORA
• A candidata propón crear un equipo técnico municipal para asesorar e acompañar aos promotores de calquera proxecto que teña interese en asentarse no municipio de Lugo xa que os emprendedores precisan de “seguridade xurídica, certezas e a axilidade burocrática para que un territorio resulte atractivo”


• Esta nova estrutura de expertos en rehabilitación, xestión de licenzas e resolución de actividades económicas é clave para desbloquear trámitacións e contribuirá á dinamización económica do municipio que revertera na xeración de emprego


• As funcións deste equipo serán, entre outras cuestións, desbloquear as licenzas, o 5% do PXOM, tramitación dun novo Plan Xeral, actualización do PEPRI, impulsar unha Ordenanza de simplificación administrativa e reactivación económica e aplicar as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal) para axilizar licenzas e actividades, entre outras.

BAIXADA DE IMPOSTOS
• Elena Candia manifestou que dende o concello “estudaremos a creación de axudas para incentivar a contratación como poderían ser bonificacións ata o 95 % das taxas municipais para apoiar ao tecido empresarial que cree ou manteña os postos de traballo.


• Tamén mantén que rebaixará impostos como o ICIO e o IBI; a supresión da plusvalía e avanzou que se bonificará ou exonerará de impostos municipais ás entidades con proxectos de carácter social.


• O apoio á actividade do sector primario con estímulos económicos para incentivar permutas ou a redución da taxa de lixo ás actividades profesionais que apenas xeran residuos, como é o caso de ximnasios e despachos profesionais, son outras das súas propostas.


APOIO AO EMPRENDEDOR E PEQUENO COMERCIO
• Entre as propostas para xerar un contexto en Lugo para que os proxectos empresariais poidan medrar, a popular citou “a posta en marcha dun Polo de Emprendemento que funcionará de xeito coordinado cos outros viveiros de empresas” e tamén “desenvolver plans de formación específicos para a xente moza co que os principais sectores demandan”.


• Para o pequeno comercio adiantou propostas como a creación de bonos comercio e o desenvolvemento dunha marca de cidade así como a mellora do aparcamento e a accesibilidade en zonas comerciais; avanzar nos aparcamentos disuasorios; mellores combinacións de autobuses e a posta en marcha dun sistema gratuíto de rotación de vehículos.


MELLORAS ZONAS INDUSTRIAIS POLÍGONOS
• A popular avoga por mellorar a seguridade, o mantemento e os servizos dos polígonos puntualizando como “unha das prioridades a renovación da rede de abastecemento do polígono do CEAO que segue sen cambiarse pese a que se van cumprir 2 anos do fatal incendio”


• Outra proposta para o Ceao e As Gándaras é a de crear un Servizo de conciliación familiar para o persoal e empresarios dos polígonos das Gándaras e O Ceao (gardaría, ocioteca e ludoteca)


• A legalización doutras zonas industriais como A Louzaneta, A Campiña ou a contorna da estrada de Santiago para facilitar que nestas construcións se poidan ampliar ou desenvolver outro tipo de actividades é outra das súas medidas.


INFRAESTRUTURAS
• A popular rematou a súa intervención poñendo o foco na necesidade dunhas infraestruturas adecuadas enumerando aquelas que son irrenunciables como o corredor de mercadorías, a restitución das frecuencias de trens suprimidas por mor da pandemia, e que se executen a totalidade das obras anunciadas en 2018 que nos conectarían con Ourense.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies