7 de maio de 2023

Candia quere utilizar o potencial enerxético do biogás a partir de aguas residuais da EDAR

ILUMINACIÓN PÚBLICA


A popular tamén quere optar aos fondos europeos para que o 100% da iluminación pública sexa de baixo consumo e tecnoloxía led, apostando tamén en certas zonas pola instalación de detectores de presenza que permitan modificar a intensidade lumínica en función da presenza de vehículos e persoas na zona.


REDUCIÓN CONSUMO AUGA

Para reducir o consumo de auga nos edificios municipais propoñen instalar dispositivos de aforro de auga así como a mellora da rede de subminsitro e campañas de concienciación para reducir o consumo de auga en fogares e empresas.


FÁBRICA DA LUZ


Candia tamén avanza que estudará a viabilidade de poñer en marcha as turbinas da Fábrica da Luz para produción de enerxía para o autoconsumo. Para impulsar este proxecto habería que recuperar a concesión de explotación hidráulica, e instalar as turbinas feitas a medida (que só valen para ubicar neste espazo) que custaron 700.000€ e que están depositadas nunha nave do Corgo pola que pagamos un aluguer mensual dende marzo de 2022 de 1.400 euros (19.600 € dende marzo de 2022)


Hai que lembrar que pola mala xestión dos gobernos do PSOE e do BNG con este edificio público, situado nun lugar emblemático que leva case 25 anos abandonado, tivemos que pagar 2,4 millóns de € de indemnización á empresa concesionaria

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies