20 de marzo de 2023

Candia quere reforzar a conexión e as achegas á sociedade luguesa do Campus Terra.

MARCA LUGO CIDADE UNIVERSITARIA
• Elena Candia quere potenciar a marca de Lugo Cidade Universitaria “que debe ser un elemento diferenciador para atraer estudiantado” manifestando que “o campus de Lugo ten moitísmas fortalezas para ser o lugar que elixa un mozo ou moza para facer a súa vida universitaria a partir de premisas coma a calidade de vida”.


• O concello debe apoiar o talento dos universitarios e do alumnado da FP creando novos espazos con viveiros de empresas para os recén titulados “teñen que ver ao concello como unha administración que tende a man para encontrar unha saída laboral”.


• Elena Candia manifestou que ademais de facilitar traballo “hai que apoiar á mocidade que vén a estudar ao noso campus habilitando unha liña de axudas para facilitar aos estudantes universitarios e de ciclos formativos alugueres de pisos ou doutro tipo de estancias”.


• A popular tamén avoga pola transferencia de coñecemento da Universidade á sociedade luguesa “o concello ten que aproveitar os seus recursos, o concello ten que participar e aproveitar a presenza do campus terra”.


• Por último a popular asume o compromiso de “liderar a batalla da mellora das infraestructuras, un elemento clave á hora de elixir estudar nun lugar ou noutro”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies