20 de marzo de 2023

Candia propón programas de prevención da obesidade e prevención de caídas en maiores en colaboracións cos profesionais dos ximnasios

No proxecto de cidade que defende Elena Candia este é un sector fundamental para a posta en marcha de diferentes proxectos, como o deseño de programas de actividade física e saúde para a prevención da obesidade na mocidade e actividades para a prevención de caídas en persoas maiores.

A candidata popular tamén valora o desenvolvemento de programas para adquirir os coñecementos básicos de medidas de protección, habilidades técnicas e destrezas de defensa persoal.

Elena Candia defende unha administración cercana, axudando aos veciños, polo que entre as súas liñas de actuación está a reducción da taxa de lixo ás actividades profesionais que case non xeran residuos, como é o caso dos ximnasios, tomando como base de cálculo o tipo de actividades e os residuos que xera, en lugar de ter unicamente en conta a superficie.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies