Candia promoverá plans específicos para formar á mocidade nos perfís profesionais que demandan as empresas locais
No coloquio organizado por Novas Xeracións participaron persoas relacionadas coa hostelería lucense e a industria cultural. Antonio Portela Vázquez, Brama Djau Cande e Carlos Garcia-Boente Carro falaron sobre diferentes cuestións relacionadas coa programación cultural que temos no municipio.
Na súa intervención a candidata do PP animou á mocidade a reivindicar “máis e mellores opcións de ocio durante todo o ano” aclarando que “a administración local debería fuxir dos sectarismos e integrar o talento das persoas de Lugo coa chegada de propostas nacionais e internacionais coas que encher de vida a cidade todas as fins de semana do ano”.
Neste senso lembrou que no seu programa inclúe recuperar o edificio da OJE como espazo deportivo e cultural no centro de Lugo.
PROPOSTAS EMPREGO
A alcaldable animou aos mozos e mozas lucenses a participar no seu modelo de cidade destacando “os plans de formación específicos para a xente moza co que nos demandan os principais sectores do municipio” insistindo en que “o Concello será o punto de encontro para promover a capacitación dos novos perfís profesionais, que estarán en condicións de atopar traballo nas empresas locais”.
Tamén avanzou que se creará unha oficina de captación de investimentos que serviría de acompañamento aos emprendedores así como impulsar acordos de colaboración entre empresas e concello para realización de prácticas.
A popular manifestou que ten un compromiso coas persoas emprendededoras e moi especialmente coa xente nova xa que “se queremos que Lugo sexa motor da provincia hai que dárlles oportunidades para que queden no municipio”.
Na candidatura de Elena Candia incorpóranse dous integrantes da agrupación xuvenil que son o Presidente de NNXX, Santiago Amedo e Cristina Fernández Gónzalez.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR