Elena Candia acompañada polo Presidente de Afalu explicou que un dos eixos do seu decálogo son as medidas relacionadas co benestar. A candidata do PP dixo que “se é alcaldesa dará unha asistencia integral a persoas usuarias e coidadoras con centros de respiro, programa de apoio e centros de día”.
Candia explicou que “entre outros proxectos destaca a creación duns novos espazos de referencia para a atención especializada de persoas con alzheimer que se ubicará no antigo hospital de Calde”. “Trátase de ofertar 50 prazas para familias que o necesiten nunha zona do edificio que está en desuso”, matizaba.
No acto a alcaldable estivo acompañada polo presidente de AFALU quen agradeceu “á Xunta e a candidata do PP por ter sempre unha prioridade coa atención aos maiores, e máis en concreto, coas persoas que teñen alzheimer e as súas familias”. Valentín Calvín matizou que “en nós sempre encontrará un aliado para traballar á hora de mellorar e poñer en marcha servizos como este”.
RURAL MODERNO
Antes da rolda de prensa a candidata do Partido Popular estivo visitando unha explotación gandeira en Argonde na parroquia de San Xoán do Campo. Elena Candia explicou que no seu proxecto de municipio quere darlle o protagonismo que merecen ás 54 parroquias do concello de Lugo. Ademais de comprometer auga, saneamento, telefonía móvil e mellora nas pistas explicou en que vai consistir a o taxi a demanda como complemento ao transporte que non é suficiente para dárlle cobertura aos núcleos que temos no municipio.
EMPREGO, INFRAESTRUTURAS E CONCELLO CERCANO
A visita a Maderas Besteiro unha empresa que aposta polo talento local e que incorporou a alumnos dun ciclo superior de Deseño y Amoblamento foi o lugar escollido para fala da necesidade de políticas para impulsar o tecido empresaria e o emprego cun desenvolvemento sostible.
A candidata tamén mantivo encontros con veciños en diferentes barrios: en Montirón lle trasladaron a necesidade de eliminar o requisito da cita previa e no barrio da Estación á veciñanza manifestou a súa decepción pola falta de impulso e de prazos para a chegada do AVE.
CIDADE CREATIVA, VALOR SÉNIOR, CONCILIACIÓN
A tarde Elena Candia visitaba ás instalacións do Conservatorio de Música Xoán Montes co obxecto de coñecer as necesidades dun centro de referencia e explicar as propostas no eido da cultura e a música. A candidata recalcou a necesidade de abrir o auditorio e ofrecer neste espazo unha programación con contido diverso que combine o talento local con proxección co talento que veña de fóra. A continuación mantivo unha xuntanza cun grupo de persoas xubiladas que son un referente porque seguen aportando talento e experiencia e traballando por Lugo e que son un exemplo do valor senior polo que aposta a alcaldable.
Nas gradas do campo de futbol López Gorgoso a candidata do PP falou con representantes das directivas dos Clube de futbol da Milagrosa e da Residencia destacando a gran canteira e o traballo que fan as entidades deportivas.
TRÁFICO E SEGURIDADE
A candidata do PP tamén visitou a nave dunha empresa de distribución do polígono do CEAO, un sector que sufre os problemas de aparcamento e cos que a candidata falou do seu proxecto para crear máis prazas. E para rematar a xornada fixo un reparto dun díptico informativo relativo a como actuar en caso de okupacións no barrio da Milagrosa desgranando algunhas das ideas para mellorar a seguridade no municipio.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR