23 de maio de 2023

Candia presenta o proxecto dun novo espazo deportivo e cultural no antigo polideportivo da OJE

OUTRAS PROPOSTAS

  • A candidata do PP tamén avanzou, neste encontro con veciños do centro, que creará un Consorcio de Dinamización do Casco “este órgano de nova creación, no que se integrarán todas as administracións e entidades veciñais e empresariais representativas do municipio, está chamado a deseñar e coordinar accións orientadas á dinamización do casco histórico con actuacións en tres eixes: a preservación do patrimonio cultural, a dinamización da actividade económica (cunha especial sensibilidade respecto ao apoio á actividade do comercio retallista) e a recuperación desta contorna como un lugar amable para vivir”.

 

  • Elena Candia quere que este Consorcio teña a súa sede no edificio do vicerrectorado, agora pechado, e tamén suxire que este inmoble acolla o Centro de Estudo da Historia da Cidade “deste xeito dámoslle vida a un edificio emblemático no corazón do casco histórico combinando usos propios da universidade con outros de ámbito municipal”

 

  • Outra das medidas do programa de Elena Candia é potenciar a Praza de Abastos “ desenvolveremos unha estratexia de apoio á Praza de Abastos e ao Mercado para fomentar o consumo de proximidade. Con este obxectivo favoreceremos a plena ocupación dos postos segundo vaian estando dispoñibles, para o que axilizaremos os prazos da súa asignación”

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies