11 de maio de 2023

Candia presenta 13 medidas para desbloquear o atasco das licencias urbanísticas en Lugo

  1. Atención persoal ao público e os técnicos, previa e durante o proceso de obtención da licenza. O primeiro paso será recuperar a atención presencial no servizo.
  2. Reorganización dos Recursos Humanos dos servizos que tramitan as licenzas urbanísticas no Concello .
    Ainda que na actualidade son os maiores que tivo o servizo de licenzas na súa historia por unha falta de dirección política é cando menos expedientes se tramitan. Cunha media que varía entre os 3 aos 5 semanais.
  3.  Solución á descoordinación e incomunicación entre os distintos servizos técnicos relacionados co de licenzas e que dependen de diferentes partidos políticos.
  4.  Aproveitar os recursos legais para axilizar a resolución de licenzas: posibilitar o uso das Entidades de Certificación de Conformidad Municipal ECCOM ou contratar asistencias técnicas puntuais para desbloquear esta situación
  5.  Modificación da recentemente aprobada ordenanza de licenzas para arranxar os conflitos xerados por esta.
    O goberno local apurou a elaboración dunha ordenanza de urbanismo para maquillar os datos. O que está sucedendo é que cando se emite o primeiro informe (tardan unha media de 2 anos) e se indican as correccións se lle dá aos técnicos/interesados 15 días para resolver o expediente, senón o fan denégallelo (quedando resolto a nivel estatístico polo que reducen o número de expedientes)
  6.  Actualización, transparencia e publicidade dos criterios de interpretación da normativa urbanística. Suxerimos expedir un documento que avale o criterio da primeira consulta técnica sobre un proxecto para evitar cambios de interpretacións
  7.  Prioridade na axilización das licenzas de rehabilitación con criterios de eficiencia enerxética e pendentes de axuda
  8.  Impulso do planeamento de desenvolvemento no ámbito urbano e rural, con incidencia nos núcleos con licenzas esgotadas
  9.  Modificar a normativa urbanística obsoleta como o PXOM ou o PEPRI
  10. Impulsaremos o desenvolvemento urbanístico de diversas zonas urbanas, rurais e industriais da cidade tomando a iniciativa o concello para o desenvolvmento do planeamento.
  11. Dar solución ás zonas industriais de Lugo como o Polígono da Louzaneta, Campiña ou o entorno da Carretera de Santiago
  12. Garantizar a validez ou vinculación de los certificado urbanísticos o cédulas municipales.
  13. Garantizaremos a resolución de licenzas no prazo de 3 meses, senon devolveremos íntegramente as tasas

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies