13 de marzo de 2023

Candia pon en valor a contribución do Círculo das Artes “á dinamización da actividade cultural” de Lugo e propón darlle apoio dende o Concello

A candidata do PP mantivo un encontro coa directiva do Círculo das Artes e visitou as instalacións desta entidade localizada no corazón de Lugo, unha entidade que “mantén unha importante actividade cultural e servizos de conciliación” cubrindo a inacción do goberno local.

Elena Candia defende que o Concello de Lugo debe manter unha colaboración estable, “vía convenio”, para poder deseñar de forma conxunta entre o Concello de Lugo e o Círculo das Artes “a programación de actividades e no uso das propias instalacións”.

Para a candidata do PP “o Concello de Lugo debe axudar e contribuír ao sostemento desta asociación, cun valor histórico e cultural indiscutible na nosa cidade, que segue apostando por mellorar as súas instalacións e por ter unha actividade cultural importante, o que debe traducirse nun apoio económico por parte do Concello”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies