24 de maio de 2023

Candia impulsará e reorganizará a área de urbanismo co obxectivo de resolver en 3 meses as licenzas de obra

OUTRAS PROPOSTAS

  • Na xuntanza coa APEC a popular explicou que se chega á alcaldía creará un  Plan  Público  de  Escavacións  arqueolóxicas a cargo da administración nos emprazamentos fixados  polo  planeamento,  liderando  dende  o  Concello  a realización  destes  traballos  dos  que  se  poderán  beneficiar  as persoas propietarias de locais e soares sen uso.

 

  • Tamén se comprometeu a actualizar e  revisar  os  dous  documentos  esenciais  para o desenvolvemento urbanístico do Concello, como son o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI).

 

  • Candia destacou que traballará para impulsar a  tramitación    dos   desenvolvementos urbanísticos  bloqueados:  a  maioría  das  unidades  de intervención paralizadas están no casco histórico e a súa contorna. Co seu desenvolvemento  crearíanse  novos espazos públicos e vivendas de calidade.

 

  • Tras rematar a xuntanza coa APEC a popular concluía que política urbanística dun Concello é un factor determinante para a consolidación de poboación e tamén para a calidade de vida das persoas que residen neste territorio. Dunha  correcta  planificación do planeamento, así como da asignación dos  recursos  humanos  precisos  para levalo a cabo, dependen a existencia e desenvolvemento  de   vivenda,   a revitalización económica do Concello, a recuperación  de  contornas  degradadas ou cuestións máis vencelladas ao día a día, como un tráfico máis fluído.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies