24 de maio de 2023

Candia impulsará acordos co concesionario das augas termais do balneario para aproveitalas nas Caldas do Miño

Tras reunirse co seu propietario anunciou que “promoverá acordos para acadar este reto” indicando que “Lugo é unha cidade termal que debe ter un maior un protagonismo nun modelo de municipio de futuro e de oportunidades”.


“Queremos que as mal chamadas Caldas, sexan de verdade espazos con propiedades mineromedicinais polo que debemos apostar por ter aí unhas instalacións cun valor engadido, que nos axuden a diferenciarnos e que se poidan converter nun atractivo turístico de verdade”.


A popular comprometeuse a traballar para aproveitar aquelo que nos diferencia, como o Balneario de Lugo, un espazo único, con recursos termais, un elemento diferenciador que temos que ter en conta á hora de planificar infraestruturas para que poidan aproveitar as propiedades mineromedicinais das súas augas.


A popular tamén manifestou que se mellorará a iluminación da contorna do edificio do Balneario.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies