Candia favorecerá a contratación das persoas con discapacidade nas empresas que traballan para o Concello
A Conselleira de Política Social Fabiola García reivindicou as actuacións levadas a cabo pola Xunta en Lugo nos últimos anos en materia de servizos sociais, entre as que destacou a gratuidade das escolas infantís das que se benefician 1.500 familias da cidade, ou as reformas das residencias das Gándaras e A Milagrosa cun investimento de 8 M€.
Pola súa parte, Elena Candia repasou algunhas das medidas que contempla o seu programa electoral entre as que destacou a creación dun centro de respiro en Calde para darlles apoio aos e ás familiares de persoas con alzhéimer e na blindaxe para usos vencellados á saude mental no antigo edificio de Aspnais.
Precisamente o Director do Centro de alzhéimer e outras enfermidades dexenerativas de Lugo e Ourense (AFALU) Valentín Calvín, profundizou nas características do proxecto de Calde onde se habilitarán medio cento de prazas nun espazo sen uso do edificio do antigo hospital.
LECTURA SINXELA
A candidata tamén explicou que participaron nun proxecto piloto coa Universidade para facer unha serie de vídeos do programa electoral en liguaxe.
A profesora do departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo Ana Pereira Rodríguez destacou o compromiso e sensibilidade de Candia e dixo que agarda que este proxecto sirva de inspiración e mostre o camiño que temos que seguir para superar as barreiras da accesibilidade en todos os ámbitos.
A popular avanzou que cando sexa alcaldesa de Lugo porá en marcha un programa para explicar coa fórmula da lectura sinxela cuestións como: pedir un certificado de empadroamento ou a domiciliación de recibos.
Tamén explicará con este método as axudas que ofrecen os servizos sociais ou outros trámites habituais que os cidadáns realizan coa administración máis cercana.
SELO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL
Elena Candia tamén avanzou que se deseñará un selo de responsabilidade social para iniciativas locais que promovan a inclusión profesional de persoas con discapacidade e puxo como exemplo á Imprenta Granfico de Cogami cuxo xerente Alejandro Rouco tamén participou neste encontro sectorial.
A popular tamén explicou que se chega á alcaldía favorecerá a contratación das persoas con discapacidade nas empresas que traballan para o Concello e que impulsará unha bolsa de voluntariado que traballe en rede coas persoas usuarias das entidades sociais.
Por último comprometeuse a actualizar do importe das subvencións municipais nominativas que perciben as entidades sociais e axilizar a tramitación dos seus convenios, así como promover rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR