30 de abril de 2023

Candia: “facilitaremos o asentamento de empresas en Lugo axilizando trámites e incentivando a posta en marcha de proxectos”

• A alcaldable quere que o Concello sexa unha administración colaboradora cos emprendedores e se compromete a facer baixadas de impostos (ICIO, IBI) así como a creación de axudas para incentivar a contratación con bonificacións de ata o 95% das taxas municipais para apoiar aos emprendedoeres que creen ou ben que manteñan os postos de traballo


• Elena Candia comparte a preocupación do tecido empresarial relativa á lentitude burocrática que hai no Concello de Lugo afirmando que creará un equipo técnico municipal para asesorar e acompañar aos promotores de calquera proxecto de interese para asentar no municipio de Lugo.


• “É preciso mellorar a xestión de licenzas, a resolución de actividades económicas, e desbloquear tramitacións que provocan a fuga de empresas a polígonos de concellos da nosa contorna onde se lles dan máis facilitades aos emprendedores”

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies