12 de marzo de 2023

Candia destaca “a función de dinamización social e cultural das agrupacións corais” e avoga por darlles maior protagonismo

A candidata do PP mantivo un encontro con agrupacións corais de Lugo e destacou a importancia desta actividade grupal na que participan preto de 300 persoas. Para Elena Candia “o labor das corais é moi positivo para a sociedade lucense por varios motivos: dende o punto de vista cultural, pola función de dinamización socio-cultural, e tamén pola súa contribución ao benestar das persoas xa que ofrecen un espazo de participación activa para a cidadanía”.
As entidades que participaron neste encontro con Elena Candia pediron potenciar grupos corais intexeneracionais para evitar que no futuro desaparezan as agrupacións xa que a maioría dos seus integrantes son persoas xubiladas.
Os directivos das corais tamén reclamaron un maior protagonismo destas agrupacións na programación cultural do concello en datas sinaladas como a semana do Corpus.
Tamén manifestaron o seu interese en participar en convenios co concello e a cambio ofrecer actuacións “ben en igrexas da zona rural, onde hai unha acústica fabulosa, ou na propia cidade” e pediron que se organizase unha semana da música coral a semellanza doutros eventos como a Semana do Cine ou do Jazz.
Outras demandas dalgunhas das agrupacións son que se lles faciliten locais para ensaio e reclamaronachegas económicas para facer fronte ao pago dos directores das corais.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies