29 de outubro de 2022
Candia: “Coa vosa axuda somos unha forza imparable para acadar o cambio que Lugo necesita”

A candidata do PP de Lugo, Elena Candia, empezou a súa intervención dando as grazas aos 700 asistentes ao acto afirmando que “coa vosa axuda somos unha forza imparable para acadar o cambio que Lugo necesita”. A alcaldable, a continuación, agradecía o apoio do presidente do Partido Popular de Galicia “pola sensibilidade que tivo con Lugo nos orzamentos da Xunta para 2023” e a “por volver a pór o sentido común na política nacional”.


Durante a súa intervención Elena Candia dixo que “Lugo ten que deixar de ser a cidade co IBI máis caro de toda Galicia” e tamén foi clara e manifestou que “se gobernamos modificaremos o carril bici naqueles puntos da cidade cuxo trazado destrozou barrios e está afectando á seguridade”. A alcaldable matizou que “porque me doe un Lugo no que os seus dirixentes permiten que a cidadanía perda todo: infraestruturas vitais, malgasto de fondos europeos con proxectos sen sentido ou que afectan de forma negativa a barrios e negocios”.

A candidada afirmou que “Lugo ten un goberno de intervencións de pinta e colorea, sen ningún proxecto importante nin transformador, e en pelexa constante entre os 2 socios a ver quen peonaliza máis, con ou sen xeito”.


Candia lamentou que “froito deste matrimonio de conveniencia as persoas son a última das súas prioridades, basta con ver as listas de espera no servicio de axuda no fogar”.


Traballo constante na rúa
A popular explicou que dende que tomou a decisión de presentarse ás eleccións municipais “estamos traballando con humildade, constancia e perseverancia visitando parroquia a parroquia, rúa a rúa, asociación a asociación”. Elena Candia comprometeuse a “facer nosas as vosas reivindicacións, facendo un proxecto con sentido común e sobre todo coas aportacións de todos”.


A candidata popular concluía apelando á necesidade que ten a cidadanía de contar “cunha administración colaboradora, que non deixe perder oportunidades como pasa agora no Concello de Lugo”. “Teño formación, teño experiencia, capacidade de traballo e sobre todo moitísima ilusión por devolver, a todos e cada un de vós, o traballo que levades feito por un Partido Popular mellor e por un Lugo máis grande”.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies