BENESTAR

Elena Candia quere mellorar a atención ás persoas coidadoras e usuarias reforzando os servizos públicos municipais e respaldando proxectos liderados por entidades sociais

A popular impulsará a creación dun centro de respiro en Calde para dar apoio aos familiares de persoas con alzhéimer

A candidata do PP, Elena Candia, avanza no impulso de novas medidas para mellorar a atención á dependencia, tanto dende a perspectiva das persoas usuarias como das coidadoras. De feito, un compromiso irrenunciable para paliar a sobrecarga dos coidadores das familias lucenses é eliminar a lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar.

Ademais desta medida promoverase un plan para dar usos sociais a edificios infrautilizados ou baleiros como é o caso dos espazos libres do antigo hospital de Calde, onde se creará unha residencia para persoas con alzhéimer.

A popular destaca a profesionalidade e a traxectoria admirable da rede de entidades sociais que hai no Concello de Lugo, que “deben ser parte do futuro da cidade accesible e inclusiva á que aspira a cidadanía de Lugo”.

Máis colaboración con entidades sociais

Actualizar o importe das subvencións municipais nominativas que perciben as entidades sociais e axilizar a tramitación dos seus convenios, garantindo sempre a transparencia.

Rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social.

Deseñar un selo de responsabilidade social para iniciativas locais que promovan a inclusión profesional de persoas con discapacidade e, así, mellorar a inserción deste colectivo no mercado de traballo.

Aposta polos servizos públicos

Crear, co apoio da Xunta, unidades municipais de atención temperá e post temperá.

Impulsar unha bolsa de voluntariado que traballe en rede coas persoas usuarias das entidades sociais.

Crear unha oficina municipal de información, orientación e mediación para a poboación migrante.

Axilizar as tarxetas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies