15 de maio de 2023

Elena Candia: “o trazado do carril bici ten que desaparecer de determinados barrios da cidade”

MÁIS PRAZAS PARA APARCAR

Elena Candia afirmou que todos os espazos que se humanizan deben contemplar alternativas para os vehículos lembrando como “intentamos ser parte da solución e así impulsamos a creación dunha nova zona para aparcar na Avenida do Breogán prevendo as necesidades futuras da transformación deste barrio “se queremos un Lugo cómodo para vivir e para mercar neles hai que buscar alternativas para recuperar prazas de aparcamento perdidas”

Ademais crearemos novos aparcadoiros en superficie e subterráneos en contornas coma O Carme, a rúa Castelao ou na actual estación de autobuses cando entre en funcionamento a estación intermodal. Ademais, impulso de convenios con particulares, coma no Carril das Estantigas, e solucións innovadoras, coma un aparcamento en altura na Ronda das Fontiñas ou un subterráneo en Augas Férreas.

En determinadas zonas comerciais con problemas de estacionamento, posta en marcha dun novo sistema para fomentar o aparcamento rotatorio, que será gratuíto durante as dúas primeiras horas e que estará controlado por unha APP ou coche lector de matrículas e faremos un estudo do abaratamento dos aparcamentos públicos municipais para incentivar as compras no comercio local.

 

TRANSPORTE URBANO

A popular salientou que “hai que facer unha reorganización profunda das liñas con máis paradas, máis frecuencias de paso e máis enlaces para transbordos así como a creación dunha tarifa plana sen límite de viaxes e do establecemento de bonificacións que poidan chegar ata o 100% do prezo do billete para persoas menores de 18 anos, xubiladas, pensionistas e familias con escasos recursos

A aposta por unha mobilidade sostible no transporte urbano pasa por implantar un modelo útil e para dar cobertura a todo o territorio e, nese senso, compromete o servizo de taxi a demanda aos lugares do rural onde non chegan os autobuses urbanos.

CONTACTO

618 626 902

Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies