Rueda participará este domingo no acto público de presentación da candidatura de Elena Candia
COMPOÑENTE TERRITORIAL
A candidatura da alcaldable popular representa á sociedade lucense actual e ten un importante compoñente territorial, xa que incorpora a veciños de todos os barrios e parroquias do municipio para que “en todo momento haxa un integrante do equipo de Candia próximo coa que a veciñanza poida interactuar”.
RENOVACIÓN
A candidatura de Lugo é unha lista moi renovada: nos 13 primeiros postos hai 10 caras novas con respecto ao equipo do ano 2019.
O 95% da candidatura está vinculada ao partido, ben como afiliados, ou ben porque son cargos orgánicos. Ese é o caso dos 3 concelleiros que continuan no equipo (Antonio Ameijide, Javier Vázquez e Mar Carballas), aos que hai que sumar a incorporación dun veterano do partido con experiencia na vida municipal como é Enrique Rozas.
A media de idade dos integrantes é de 48 anos, con membros que van dos 21 aos 69 anos. Tamén hai que destacar que por primeira vez na historia dúas mulleres encabezan en Lugo unha candidatura electoral.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR