Elena Candia afirma que “impulsar o consumo de produtos locais é unha forma de promover unha economía sostible”
MATERIA PRIMA DE CALIDADE E GASTRONOMÍA
• A popular engadía que os produtos de proximidade cobran un especial protagonismo no concello de Lugo xa que “a materia prima única que temos, unida ao talento gastronómico co que contamos, fortalece o reclamo dunha das nosas señas de identidade que se recolle no slogan de ‘E para comer Lugo’.
• Elena Candia explicou que o producto de proximidade da valor ás citas gastronómicas xa consolidadas na cidade como o concurso de tapas que organiza a APEHL e manifestou que é preciso seguir explotando a gastronomía como recurso turístico-cultural do municipio lembrando que Lugo podería ser unha perfecta candidata a optar á capitalidade gastronómica de España.
• Tamén insistiu en que a zona rural debe ser un lugar de oportunidades lamentando que “o PSOE e o BNG falen de obxectivos de desenvolvemento local vinculados ao medio ambiente cando privan ás parroquias do municipio de servizos básicos”.
• O PP ten un proxecto con identidade propia “fronte a un PSOE que quere arranxar o problema do cambio climático no mundo mentres non é quen de levar auga potable a xente que vive no rural e fronte a un BNG que, ante calquera necesidade, a solución que presenta é peonalizar pensando que todos os problemas da veciñanza se resolven nun banco dunhas rúas conquistadas por formigón”.
Este sitio web emprega cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás a dar o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
ACEPTAR